Mañá sábado 28 pola mañá desde as 11:00 ata as 14:00 na Praza Roxa de Santiago de Compostela, se farán as xornadas de inauguración do clube de rol santiagués bautizado como "Clube de rol Gygax" en honra a Gary Gygax, creador do primeiro xogo de rol Dungeons&Dragons.As actividades, apoiadas polo Concello de Santiago e máis concretamente polo Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, consistirán en 3 partidas de exhibición dos xogos: Infinity, Warmachine e Flames of War.
Flames of War é un xogo de simulación bélica histórica ambientado na II Guerra Mundial. Para esta exhibición recrearemos o enfrentamento de Sidi Bou Zid, a derradeira victoria de Rommel en África.
Tamén haberá unha actividade consistente en charlas sobre rol para pais e para calquera xente que queira achegarse a coñecer a realidade deste tipo de xogos.
A partir das 13:00 farase o acto de entrega dos carnés dos primeiros inscritos. A inscición ao clube estará aberta durante todo o día é gratuita e permitirá participar en tódalas actividades que o clube organice.


1 comentarios:
Mi mas sincera enhorabuena por la recién creada Asociación rolera (ademas de homenajear a ese gran tipo que nos trajo D&D)
Felicidades desde el otro lado de la Costa. Un Saludo
C.
Publicar un comentario en la entrada